OS 18 FANTÁSTICOS DE 5ºB

Neste programa o alumnado de 5ºB preguntouse, que pasaría se os obxectos do noso cole puidesen falar? O que descubriron non lles deixou nada indiferentes! Por outro lado, na sección "A voz do cole", escoitaremos as preguntas que os nosos oíntes deixaron acerca da nosa escola. Un programa feito polos alumnos e alumnas con humor, imaxinación... e moita vida.